O Deportivo rescatou un punto no Fernando Torres de Fuenlabrada grazas á picardía de Mamadou Koné, autor na segunda metade do gol que equilibrou o tanto que na primeira lograra Hugo Fraile, cando os branquiazuis xogaban cun home menos mentres o corpo médico atendía a Javi Montero dun choque con Peru Nolaskoain. O gol branquiazul foi practicamente todo o que sucedeu nunha segunda metade trabada, con infinidade de faltas, interrupcións no xogo e perdas de tempo, isto último sobre todo por parte dun Fuenlabrada ao que daba a impresión de que se lle estaba facendo moi longo o partido. Finalizado o partido, o Deportivo emprendeu viaxe de regreso por estrada á Coruña. Luís César citou ao seu persoal o luns 4 de novembro ás 17:00 horas en Abegondo para preparar a seguinte cita ligueira, a visita do Elxe CF a ABANCA-RIAZOR, prevista para o domingo 10 de novembro ás 12:00 horas.
43