O Deportivo sumou un punto ante o Real Madrid Castela (1-1)

1 minutes read

O Deportivo sumou un punto, e grazas, ante o Real Madrid Castela (1-1) nun partido que empezou con boas sensacións, pero que a medida que foron pasando os minutos deixou a un equipo branquiazul que se foi empequenecendo como nunca en Riazor. O Dépor completou un gran inicio de encontro, apropiándose do balón e estirando a liña de 5 do Castela con Antoñito e un bo Saverio. Logrou adiantarse con un gran cabezazo de Pepe nun córner e tivo outras dúas boas ocasións para aumentar a vantaxe. Pero o primeiro susto fixo tremer aos branquiazuis. Un balón longo do porteiro deixou a Peter só ante Mackay. Fallou o atacante, non o fixo pouco despois Marvel nun saque de esquina no que faltou contundencia na defensa branquiazul. Ata catro xogadores do Castela tocaron o balón para empatar, 1-1.