O Deportivo xogará en Segunda B

0 minutes read

Nunha comunicación entre Irene Lozano, presidenta do CSD e Inés Rey, alcaldesa da Coruña, a presidenta do CSD comunícalle á alcaldesa que non se tratará o tema do Deportivo e que se traballará no calendario de 20 equipos en Primeira e de 22 en Segunda. Desta forma cúmprese o peor dos escenarios para o Deportivo. Salvo xiro inesperado nos acontecementos, o equipo de Fernando Vázquez xogará en Segunda B a próxima tempada.