O deputado do BNG Luis Bará visita hoxe Carballo

0 minutes read

O deputado autonómico do BNG Luis Bará está hoxe en Carballo para palpar en primeira persoa diversos temas de actualidade que afecta á vila. Ás 11.30 será recibido no Concello, ás 12.30 manterá un encontro cos medios de comunicación no parque do Chorís, a continuación visitará o polígono industrial de Bértoa, para de seguido desprazarase ata Baldaio.