35
Néstor Rego realizará este luns 17 de febreiro a súa primeira visita institucional a Carballo como deputado no Congreso.
O deputado do BNG será recibido ás 11.00 horas na Casa do Concello, onde celebrará unha xuntanza de traballo co alcalde, Evencio Ferrero, e o goberno municipal.
A continuación desprazarase ata Baldaio, onde coñecerá de primeira man como evoluciona a situación provocada pola desaparición da canle que comunicaba a lagoa co mar, e que leva xa varios meses taponada, á espera de que Conservación da Natureza da Xunta emita un informe ao respecto de liberar a canle.