O deputado provincial José Manuel Lage Tuñas visita as obras do polígono de Tella

Visita de las obras en Tella_Ayuntamiento de Ponteceso

  • O Concello acaba de adxudicar outras dúas obras provinciais, que comezarán no mes de xaneiro

O deputado provincial José Manuel Lage Tuñas visitou en compañía do alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e da concelleira Noelia González, as obras de ampliación do acceso a Tella, do Petón aos Seixos.

O deputado aproveitou tamén a súa presenza en Tella para visitar, en compañía de representantes da empresa adxudicataria, os terreos do parque empresarial onde se van construír cinco naves para aluguer con opción a compra. Posteriormente, acompañados do presidente da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de Tella, José Ramón Pombo, acudiron a unha reunión no edificio empresarial, onde se falou do desenvolvemento importante que se está levando a cabo no polígono.

O Concello de Ponteceso acaba de adxudicar outras dúas obras provinciais, que comezarán no mes de xaneiro. A empresa Ogando levará a cabo melloras en Tella e Langueirón, e a empresa Construcións López Cao será a encargada de executar os proxectos de Niñóns e Pazos de Arriba.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha