O derbi queda na casa, Bergantiños 2-1 Fisterra

Este martes tivo lugar un novo partido da Terceira División Grupo 1, en As Eiroas, o Bergantiños FC recibiu a visita do Fisterra. Os carballeses viñan de cultivar cinco vitorias consecutivas e o Fisterra tamén viña de gañarlle ao As Pontes en Ara Solis. Boa primeira parte do equipo local que materializou Agulló sobre a bucina do primeiro tempo. O Bergantiños estaba a ser superior, pero o Fisterra non baixou os brazos e obtivo a súa recompensa no minuto 78 por mediación de Herbert, nunha das poucas aproximacións á área local. Xa ao bordo do final, no minuto 87, un gol de Jorge Cano, a saque de falta de Lamelas, decantaría a balanza para o equipo carballés, 2-1. Con este resultado o Bergantiños xa suma 17 puntos e seis encontros seguidos gañando e o Fisterra queda no posto número 8 da táboa clasificatoria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha