O descenso da presión asistencial permite o peche do pavillón 7 de Ifema

1 minutes read

O pavillón 7 do recinto feiral de Madrid, un dos hospitais de campaña habilitados en España para atender a pacientes con coronavirus pechou as súas portas. Unha mostra do descenso da presión asistencial nos centros sanitarios tras reducirse significativamente o número de contagios nos últimos días. Durante o período máis crítico da pandemia chegou a acoller a 1.500 enfermos. Tras o seu peche, unicamente o pavillón 9 da Feira de Madrid seguirá habilitado como hospital. Actualmente están ingresadas nas súas instalacións 669 persoas. Con todo, toda a infraestrutura técnica do pavillón 7 manterase. A clausura definitiva dependerá da evolución da pandemia por se nos próximos meses houbese un repunte de contaxios.