A montaxe chegada desde Tapia de Casariego en Asturias, O Descubriemiento de Gaitaxia, levouse os 900 euros do primeiro premio do apartado de Carrozas do Entroido de Carballo, que se celebrou este domingo pola tarde. Destacou o frío reinante con choiva ameazante e o alto nivel da posta en escena dos participantes, que se levaron os 9.215 euros dispostos en premios para a ocasión. O segundo premio de 600 euros foi para a creativa “Oroso viaxa non tempo”. Ademais o xurado outorgou un accésit de 360 euros a o “Gran hotel de divas”, chegada desde A Coruña.
Resto de premios:
Comparsas adultos:
1° premio (700 €): Deas-frutando do solsticio (Vimianzo)
2° premio (350 €): Todo o que poidas imaxinar é real (Arteixo)
Accésits: Desfasamento estelar (Arteixo), Vos viquingos norteños (A Laracha), Polo si ou polo non (Arteixo), Azucre dancing clean (Carballo).
Comparsas infantís:
1° premio (300 €): Cero lixo, por un océano habitable (Arteixo)
2° premio (150 €): A Barbie versión galega (Arteixo)
Accésit (100 €): Damas e galáns de Bergantiños (Carballo)
Grupos adultos:
1° premio (125 €): O sombrerero tolo e a súa marabillosa familia
Accésits: Se hai cervexa, avísanos, Parella glamurosa
Grupos infantil:
1° premio (110 €): Xurásico World
Accésit: Doce entroido
Individual adultos:
1° premio (60 €): Viquingo
Individual infantil:
1° premio (90 €): Polbo á feira
2° premio (70 €): Cajun mardigras
3° premio (50 €): Cheiraría Antón
Choqueiro de Bergantiños (100 €): Home con paraugas do grupo de adultos Casa Pepe dá Filloa