O desfile da Festa Nacional recuperou a normalidade

Os actos deste 12 de outubro, Día da Festa Nacional, comezaron sobre as 11:00 horas na praza de Lima, en Madrid, coa chegada dos reis e a infanta Sofía nun vehículo de Patrimonio Nacional. A princesa Leonor, que se atopa estudando en Gales, volveu a ausentarse por segundo ano. Os centos de persoas apostadas nos laterais do Paseo da Castellana desde primeiras horas da mañá, portando bandeiras e banderines de España, saudaron a chegada de don Felipe e dona Letizia con aclamacións e aplausos. Don Felipe e Dona Letizia, presidiron o maior desfile militar desde antes da pandemia, que contou con máis de 4.000 efectivos, xunto a 150 vehículos e 84 aeronaves.

Presente estivo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a ministra de Defensa, Margarita Robles, e todos os ministros (menos catro que se ausentan por motivos persoais e de axenda internacional), os presidentes do Congreso e do Senado, MeritxellBatet, e Ander Gil, e os presidentes autonómicos (menos, os de Cataluña e Euskadi, Pere Aragonès e Íñigo Urkullu, como é habitual). O líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo, acode por primeira vez como líder do PP, e non como presidente de Galicia, que nesta ocasión estivo representada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha