FENITEL (Federación Nacional de Instaladores e Integradores de Telecomunicacións) celebrará o Congreso Telcom’19 Murcia durante os días 16, 17 e 18 de maio, en colaboración coa súa asociación territorial ARETELMUR e a FREMM (Federación Rexional de empresarios do Metal de Murcia), unha serie de actos que pretenden relanzar o papel social do sector das telecomunicacións e que abordarán, entre outras cuestións, a implantación da tecnoloxía 5 G e o segundo Dividendo Dixital. Na Xornada Telcom’19 Murcia, trataranse en distintas mesas de debate temas como o despregamento do Plan Nacional 5 G (situación, desenvolvemento e actuacións previstas) e os aspectos técnicos do segundo Dividendo Dixital, co relatorio de Pedro Luís Romero Morais, da Subdirección Xeral de Planificación e Xestión do Espectro Radioeléctrico (Ministerio de Economía e Empresa).