O detido polo crime de Baiona confesa que matou a súa exmuller cunha machada

O detido polo asasinato da súa exmuller en Baiona recoñeceu que a matou. Ata agora non declarara nin nas dúas veces que estivera nos xulgados nin ante a Garda Civil. Os feitos sucederon o pasado 5 de febreiro ás portas da casa da vítima onde ía deixar aos dous fillos que ambos tiñan. O detido, de 46 anos, enfróntase ao delito de asasinato e a outros dous delitos contra a integridade moral dos menores. A defensa pediu que se lle apliquen as atenuantes de arrebato, obcecación, confesión e reparación do dano. A xuíza decretou que continúe en prisión provisional comunicada e sen fianza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha