O día 25 terá lugar en Carballo o 3º Maratón Spinning Solidario Perruno

1 minutes read
  • Será no Centro Deportivo Corporal X-Pression de Carballo, en solidaridade coa Asociación «Amigos dos Cans», da que é presidenta Araceli Vila.

A cita será o venres 25 de outubro de 19:00h a 22:00 horas, (constará de 4 sesións de spinning de 45 minutos, os participantes poden elexir cantas sesións desexan participar), estarán acompañados en todo momento polos monitores, Suso, Pablo, Maribel e Javi. Consistirtá en pedalear sobre unha bicicleta estática, sendo o único requisito a entrega de 1 quilo de pienso, como mínimo.
Trátase dunha actividade aberta, na que poden colaborar todos os que o desexen, tanto os que pedaleen como persoas ou entidades que aínda que non se suban á bici, queiran colaborar coa súa aportación de pienso.
Na primeira edición lograron recadar 800 kilos de pienso, o ano pasado chegaron a 1 tonelada e dende a organización esperan este ano superar de largo esa cantidade.
A canceira ten 147 cans, moitos deles moi maiores e sen dentes que necesitan unha alimentación especial, toda a aportación por moi pequena que sexa, será moi ben recibida.

Maribel Pichel, monitora de Spinning, responsable de Corporal X-Pressión.