O día 26 eleccións ao Consello Deportivo Municipal no Fórum Carballo

carballo.org

O 26 de febreiro celebraranse as eleccións ao Consello Deportivo Municipal, (Fórum Carballo, 20:30 horas), un órgano consultivo no que están representados o movemento asociativo e a corporación municipal.

No censo provisional, figuran 30 clubs e 14 entidades, aínda que este luns abriuse un prazo de cinco días hábiles (ata o 14 de febreiro) para solicitar a inclusión ou a exclusión ou para a corrección de erros. O censo definitivo farase público a partir do día 15.

A mesa electoral será constituída o mesmo día da asemblea, na que as entidades incluídas no censo tamén poderán presentar as súas candidaturas.