O día 31 remata o prazo para rozar as leiras máis próximas ás casas


Comeza a conta atrás para a limpeza de leiras con risco de incendio. O prazo para que os propietarios cumpran con esta obriga remata o 31 de maio, pero aínda quedan moitos terreos sen rozar. Concretamente hai que deixar despexada de vexetación unha faixa de 50 metros desde o límite dos núcleos de poboación. A limpeza conveniada con Seaga custa 350 euros por hectárea e dá prioridade ás parroquias con máis problemática de incendio. Os particulares que deixen as leiras sen limpar poden ser sancionados, dado que o exceso de biomasa pode poñer en perigo as vidas e os bens dos habitantes máis próximos.