O Día das Letras Galegas volveu encher Carballo de Pequebasquet


Tras o parón pola pandemia, había ganas de Pequebasquet en Carballo, e máis de 400 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 8 anos, pertencentes a 36 clubs de toda Galicia, asistiron este 17 de maio a súa celebración no pavillón Bergantiños. Máis de cincuenta persoas traballaron arreo para que todo saíse perfectamente, e nin a choiva que caeu pola mañá impediu a vistosidade do evento nin a gran afluencia de público ao mesmo. Basket Xiria agradeceu ao Concello de Carballo, á Federación Galega de Baloncesto, á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia, a súa colaboración co evento ademais de ás empresas, socios do club e demais colaboradores que o fan posible.