O día do Santísimo deu continuidade aos actos do «atípico» San Xoán de Carballo

1 minutes read

Atípica foi a procesión máis importante das festas do San Xoán de Carballo este xoves, ao que debería de ser coma cada 25 de xuño, este ano marcada, evidentemente, por todas as medidas derivadas da pandemia polo covid-19. A unha e media da tarde, tras a misa celebrada na igrexa parroquial, a procesión iniciou o seu percorrido, menos numeroso do habitual, pero con toda a devoción do mundo.

Momento da Procesión do Santísimo.

«É día do Santísimo Sacramento. Xesús, con amor bendicindo pasas, deste Carballo todas as súas casas que renova a súa Fe con xuramento. Perdóanos! gritamos con queixume xa que o pobo sinxelo, as súas masas, mentres Ti o camiñar compasas adora o venerable portento. Nas xeracións de outrora, Carballo, si, ás túas plantas rendido, do teu perdón acudía agradecido; este día, os seus descendentes, este ano, recoñecen o ben de Ti recibido, enches, Señor, as nosas vidas de sentido».

Xosé Pumar.