O Director Xeral Corporativo do Deportivo, renuncia ao seu cargo

1 minutes read

José González-Dans presentou a renuncia de forma voluntaria ao seu cargo de Director Xeral Corporativo do Depor. Así llo transmitiu por escrito ao Consello de Administración, que aceptou a renuncia e así será efectiva a partir do próximo 9 de maio. José González-Dans chegou ao Dépor da man de Tino Fernández, e do agora presidente Fernando Vidal, e prestou servizos ao club branquiazul desde 2014, desempeñando diversas funcións directivas.

Inicialmente como director financeiro e posteriormente como director xeral corporativo. Agora, segundo lle transmitiu a Vidal e a súa directiva, deixa a entidade deportivista para emprender un novo proxecto profesional. Desde o club, no seu comunicado oficial, non se fai referencia ao seu posible substituto ou se a alguén do actual Consello pasará a ocupar ese cargo. Iso si, o Deportivo móstrase agradecido “moi sinceramente” polo seu traballo e dedicación durante o últimos seis anos, ademais de desexarlle toda a sorte no futuro.