O director xeral de Desenvolvemento Rural reúnese cos veciños de Tordoia

0 minutes read

Miguel Pérez Dubois, mantivo este luns un encontro cos veciños de Tordoia para abordar as posibilidades de mobilizar terras e crear actividade económica rendible neste concello coruñés.

Á charla, celebrada na casa da cultura, asistiu tamén o alcalde Eduardo Antonio Pereiro Liñares. Xuntos os responsables indicaron aos veciños as posibilidades que teñen para dar valor ás súas terras e, no seu caso, facer máis rendibles as explotacións. Pola súa parte, Pérez Dubois explicou a filosofía que se está a seguir por parte da Consellería do Medio Rural para evitar o abandono de terras e axudar aos propietarios neste obxectivo.