O «Divina Pastora» segue encallado en Castro Baroña

1 minutes read

A xente de Portosín quéixase ante o feito de que o pesqueiro «Divina Pastora» continúe encallado en Castro Baroña catro días despois do naufraxio. As fortes ondas e a forza do mar, aseguran, están deteriorando o barco ata o punto de que farán inviable reflotalo. O ex-patrón maior de Portosín e irmán do patrón do cerqueiro, considera que Salvamento debeu reflotalo o mesmo día, cando o mar aínda estaba calmo. O «Divina Pastora» afundiuse na madrugada deste martes con nove mariñeiros a bordo. Un deles faleceu. Salvamento Marítimo descartara daquela reflotalo debido ao forte temporal. Segundo fontes consultadas, contan con desmantelalo nos próximos días.