Tras un 2023 de éxito, enchendo festas e discotecas, a David Bermúdez chegoulle a oportunidade de debutar no estranxeiro. Será en Salle Du Palladium (Genevé, Suíza), e ademais, estará acompañado da gran orquestra París de Noia.
As primeiras impresións son boas, nas redes sociais, o evento foi ben recibido polo público Suízo, que conta con moitos españois afincados no país, e apunta a que a discoteca, que conta cun aforo para máis de 1.000 persoas, colgará o cartel de Sold Out.
David empezou o ano con outro logro, posto que tamén debutou nesta campaña fóra de Galicia, levando a súa festa «Tomando Party» a Segovia e picando tamén nos entroidos en León.
Este verán continuará con Disco Móbil Impacto, coa que teñen xa practicamente pechada toda a tempada de festas, continúa como Dj residente en American Dreams (Carballo) e á vez fai shows en discotecas e pubs de toda a comunidade galega.