ASARGA (Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial) e a Deputación da Coruña presentaron o documental “O Sarcoma Día a Día”, unha peza audiovisual que contou co financiamento da institución provincial.
O documental estrearase o vindeiro mércores 19 de abril no Teatro Colón (A Coruña) ás 19:00 horas. Na presentación participaron Ana Lamas, deputada provincial de Benestar Social; Iara Mantiñán, presidenta de ASARGA; Carlos Ares, guionista do documental; Carolina Castiñeiras, tesoureira de ASARGA e Mayte Deus, vicepresidenta de ASARGA.
O documental “O Sarcoma día a día” conta co testemuño de nove mulleres, pacientes de sarcoma ou cuxos familiares sufriron esta enfermidade. Este proxecto audiovisual baséase no libro homónimo que ASARGA publicara no ano 2021. A recadación do libro destinouse á bolsa de investigación Carolina Cerezo.