O DOG convoca axudas para facilitar a conciliación dos autónomos por 1 M€

1 minutes read

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria de axudas coas que o Goberno galego apoia a conciliación das persoas traballadoras autónomas. Cun investimento de 1 millón de euros, a Administración autonómica concederá apoios para que as persoas traballadoras autónomas que teñan fillos ou persoas maiores ou dependentes ao seu cargo, conten cos apoios necesarios para contratar a persoas que os substitúan no exercicio da súa actividade ou poidan recorrer a servizos de coidado.

As axudas, que se estruturan en tres liñas de apoio acumulables entre si, poden solicitarse ata o próximo 30 de setembro.

O primeiro bono está destinado a apoiar a contratación, por parte dos autónomos, dunha persoa desempregada para cubrir a súa baixa de maternidade ou paternidade, ou por risco polo embarazo ou a lactancia. Subvenciónanse as incorporacións por un período mínimo de seis meses e máximo dun ano. Igualmente se outorgan incentivos aos contratos indefinidos realizados coa mesma persoa, unha vez rematado o período de substitución. A achega máxima será, neste caso, de 1.100 euros por mes mentres dure a baixa de maternidade ou paternidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?