36
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns 30 de marzo a resolución pola que se aproban o expediente de información pública e o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista Carballo-Coristanco entre os puntos quilométricos 32+620 e 34+400 da AC-552. O Concello de Carballo encargouse da instalación dos servizos no treito correspondente ao seu termo municipal e a Xunta de Galicia, como se fixo xa na senda peonil de Bértoa, asume a actuación en superficie.