O DOG publica a redución da peaxe na autoestrada A Coruña-Carballo

O Consello da Xunta autorizou o pasado xoves, 23 de decembro, a modificación do convenio coa concesionaria Autoestradas de Galicia co obxectivo de limitar a suba das tarifas das autoestradas autonómicas a menos da metade do que lle correspondería polo incremento do IPC, segundo o estipulado no contrato.

Para iso, o Goberno galego achegará 550.000 euros para mitigarlles aos cidadáns o impacto da suba do IPC nas peaxes das autoestradas autonómicas, reducindo do 5,09% previsto ao 2,5% o aumento das tarifas.

O incremento derivado do IPC suporía que as tarifas das autoestradas autonómicas sufrirían un aumento dun 5,09%, despois de anos conxeladas ou mesmo con descensos nas súas tarifas.

De modo máis concreto, dado que as peaxes se redondean a 5 céntimos para os distintos itinerarios, o efecto desta medida é diferente segundo o treito. Para vehículos lixeiros, a suba máis elevada será a mínima, de 5 céntimos.

Na AG-55 e para vehículos lixeiros, co incremento de tarifas de acordo co IPC, de 11 itinerarios subirían 6. Porén, coa limitación establecida pola Xunta ao 2,5%, só subirán 2 treitos e en todos estes auméntase un importe mínimo, de 5 céntimos.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse esta información: 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha