A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou este venres no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Laxe do tramo final da estrada de titularidade autonómico AC-429, que se corresponde coa rúa Vila Amparo e está integrado no seu núcleo urbano.
O Concello de Laxe solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o cambio de titularidade deste treito urbano da vía de titularidade autonómica, desde a glorieta de Fendillo ata o final da estrada. Trátase dun treito dunha lonxitude de 810 metros do vial AC-429, que comunica Ponteceso con Laxe, desde o punto quilométricos 10+900 ao 11+710.
Co cambio de titularidade, o Concello de Laxe terá a competencia para actuar en ambas as vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.