As verbenas volverán o 1 de xullo

1 minutes read

O DOG deste sábado publica as medidas que rexerán a nova normalidade na comunidade a partir do próximo luns e adianta que desde o 1 de xullo poderán retomarse algunhas das actividades suspendidas durante a pandemia do coronavirus. De acordo co documento, «as festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feira» poderán realizarse a partir do 1 de xullo «sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle». Desde esa mesma data, e se se mantén controlada a pandemia, poderán volver tamén a abrir os establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas para menores de 12 anos, os espazos destinados ao entretemento, as celebracións infantís, e os locais de lecer nocturo, que a partir do luns 15 só poderán reabrir as súas terrazas.