O dolmen de Dombate incorporará realidade virtual e proxeccións 3D

1 minutes read

O responsable da área de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas, mantivo unha xuntanza co alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, ademais de coa coordinadora de actividades culturais do concello, Silvia Losada, para informar da posta en marcha do proxecto de mellora e actualización dos espazos expositivos museísticos no Centro Arqueolóxico de Dombate.

O proxecto, que se licitará proximamente por procedemento aberto, está valorado en 125.000 euros e suporá unha importante actualización de mellora para as visitas ao dolmen de Dombate. As actuacións afectarán aos elementos de información histórica, sinalización, sala de usos, audiovisuais e incorporaranse novas tecnoloxías como realidade virtual ou proxeccións en 3D.