O domingo celébrase no García Márquez o Festival de Bandas de Música de Oleiros

  • O Festival de Bandas de Música de Oleiros celebrará a súa XIV edición o domingo ás 7 de abril as 18:30 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

A agrupación convidada este ano a Banda Unión Musical de Ponteledesma, dirixida por Roberto Hermida Rey, que compartirá escenario coa Banda Sinfónica de Oleiros.

As persoas asistentes poderán gozar dun gran evento musical que conta coa participación de dúas formacións bandísticas de contrastado nivel.

A banda pontevedresa interpretará as obras Andrés Contrabandista, El Barbero de Sevilla, Suite Galaica e Mecano.

Pola súa parte, os anfitrións, dirixidos por Alberto Piñeiro Leiva, tocarán A mi madre, Una noche en Granada, El ciclo de los ríos e El baile de Luis Alonso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha