O drama eurovisivo chegou ao Congreso dos Deputados

1 minutes read

A polémica elección de Chanel e a súa canción ‘SloMo’no Benidorm Fest como a representante española deste ano en Eurovisión chega ata o Congreso dos Deputados. A marca de Podemos en Galicia reclamou explicacións no hemiciclo, mentres que o BNG pediu a comparecencia do presidente do Consello de RTVE.

Queren que se aclare unha votación na que a puntuación do xurado deu un envorco aos resultados. Ao outorgar moitos menos puntos ás Tanxugueiras, as grandes favoritas que gañaran nas votacións populares. Ademais CC.OO., emitiu un comunicado dentro dun dos seus tuits no que reclama que se aclaren presuntas irregularidades como as relacións entre membros do xurado e a cantante gañadora, por se houbo conflito de intereses.

Pola súa banda, RTVE emitiu un comunicado no que destacou que abrirá un diálogo participativo para mellorar o proceso de selección para as próximas edicións.