O Ecomuseo Forno do Forte acolleu o segundo pase da obra ‘Ao principio había barro’

Yago Espasandín e Raquel Crespo, compoñentes de Alalá Teatro, representaron este sábado unha obra baseada nunha visita guiada ao Ecomuseo Forno do Forte.

No primeiro pase, Alalá Teatro executou unha representación tan realista desta visita ficticia que numerosos espectadores tardaron en diferenciar a obra de teatro dunha visita real. Á incomodidade inicial transformouse en diversión cando xa foi evidente que estábamos a ver unha representación teatral moi realista

A obra representa a visita dunha rapaza peculiar (Lola) que durante o itinerario polo Ecomuseo Forno do Forte vai romper coa tranquilidade do guía do museo (Carlos) e representa con tal fidelidade o seu papel que probablemente tamén xere inquietude en máis dun espectador.

Lola vai cambiando de vestiario a medida que narra as vivencias que  ten escritas nun caderno, que segundo ela, levan escribindo dende o principio dos tempos os seus antepasados. Estas vivencias nos levarán nunha viaxe no tempo. Carlos ve constantemente interrumpida a súa exposición e non acaba de crer o que Lola lle conta.

Ao principio había barro é un xeito de coñecer mellor a historia local permitindo aos visitantes introducirse na historia que conta a exposición e as vivendas do Forno do Forte por medio da teatralización.

Ademáis deste segundo pase, representarase tamén os sábados 29 de xullo e 12 e 26 de agosto, sempre no mesmo horario de 12:00 h a 13:00 h

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha