O Ecomuseo Forno do Forte oferta novos obradoiros durante este verán

O Ecomuseo Forno do Forte pon en marcha unha nova iniciativa para seguir achegando a olería a un público cada vez máis amplo. Nesta ocasión os destinatarios serán os nenos e as nenas, que durante todo o verán poderán participar en obradoiros de barro gratuítos.

Os talleres celebraranse dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto, de martes a sábado, e en horario de 16.15 a 18.45. A actividade será grupal, cun máximo de 20 participantes por quenda, polo que as prazas asignaranse por orde de chegada.

Os obradoiros de barro, organizados polo Concello de Malpica coa colaboración da Deputación da Coruña, teñen como finalidade poñer en valor a olería entre os máis pequenos e fomentar a súa creatividade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha