O EcoRallye da Coruña percorre 21 concellos da provincia esta fin de semana


Chega unha nova edición do EcoRallye da Coruña, que este sábado e domingo percorrerá un total de 21 concellos da provincia, con saídas e chegadas desde a cidade herculina.

O evento, apoiado pola Deputación, foi presentado na sede da institución provincial nun acto que contou coa asistencia do presidente, Valentín González Formoso, a deputada de Deportes, Cristina Capelán; a concelleira de Deportes da Coruña, Mónica Martínez, o presidente da Escudería Coruña, organizadora do rallye, Alberto González; o director da carreira, José Manuel Valeiro e o ex piloto de rallyes, Luis Moya.

Durante a fin de semana, o EcoRallye discorrerá por 21 concellos da provincia, A Capela, A Laracha, Abegondo, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Coirós, Miño, Monfero, Oleiros, Paderne, Pontedeume, Sada e Vilarmaior, “achegando o vehículo eléctrico a zonas rurais onde menos se ven”, afirmou o director da carreira, José Manuel Valeiro.

Valeiro explicou que na carreira “non se premia a velocidade, senón a regularidade e os baixos consumos dos vehículos” e explicou algúns detalles innovadores da proba, como que a cronometraxe realízase vía GPS.