O Eixo Atlántico urxe o Goberno a licitar a saída ferroviaria sur de Vigo


As cidades que integran o Eixo Atlántico instan o Goberno español a licitar con urxencia a saída ferroviaria sur de Vigo. Lembran que o tramo O Porriño-Tui aínda está sen adxudicar. E que é imprescindible para que a liña A Coruña-Lisboa estea operativa no prazo que marcou o Goberno portugués, 2030. A este asunto tamén se referiu esta mañá a conselleira de Infraestruturas.

“O Goberno portugués solicita con máis entusiasmo a conexión Vigo-O Porto ca o Goberno de España. Pedímoslle ao Goberno que mova ficha e que concrete unha planificación de investimentos para conectar Vigo co Porto”.