O Electronic Lucus Fest chega á súa terceira edición da man dos seus creadores | Dj Frisco & Marcos Peón


Será o vindeiro martes, 4 de outubro a partir das 22:30 horas na Praza da Mosqueira de Lugo. Como indican os seus creadores, Dj Frisco e Marcos Peón, este evento cultural naceu para promocionar ao talento lucense, onde teñen a oportunidade de compartir escenario con dj´s profesionais, cunha soa premisa…. divertir ao público. Nesta edición os deejays que participan son:

  • Dj Frisco & Marcos Peón: Creadores do Electronic LUCUS Fest , son dous dos dj´s galegos máis internacionais. Con máis de 20 anos de carreira musical, destacan pola enerxía dos seus sets!!!!.
  • Hugo Leivas: é un dos dj´s galegos máis en forma, residente de Hermo Discoteca, o seu gusto exquisito pola música electrónica non deixa indiferente a ninguén.
  • Jacobo Gómez: Debutante no Electronic Lucus Fest, Jacobo sen dúbida é un dos dj´s e unha das voces máis coñecidas de Lugo !!!!!
  • Jako Rove: a gran promesa lucense que xa acumula mais de 350.000 reproducións en Soundcloud.

O Electronic Lucus Fest, que conta de novo co apoio da área de Cultura do Concello de Lugo, convértese así nun dos festivais máis consolidados de música electrónica da provincia.