Ángel Martínez Pérez, Lito, coñecido como o «rei das orquestras» en Galicia, negouse a declarar ante a Audiencia de Pontevedra tras ser declarado apto para ser xulgado por fraude fiscal. O xuízo, que fora suspendido en catro ocasións, comezou este luns despois de que o tribunal da sección segunda da Audiencia pontevedresa concluíra que o empresario «comprende» a acusación contra el e é «capaz de participar na súa defensa». Tras comezar a vista oral, Lito acolleuse ao seu dereito a non declarar alegando que non estaba «en condicións» nin se sentía «preparado». O xuízo retomarase o vindeiro xoves, Lito está acusado de seis delitos contra a Facenda Pública por non tributar o debido no imposto de sociedades, o IRPF e o IVE de 2011 e 2012, polos que a Fiscalía solicita para él catorce anos de prisión.
41