38
Será concretamente nun mantel. Segundo responsables do equipo creativo, “neste lanzamento tratamos de facer homenaxe aos artesáns, este venres é a presentacion en Santiago, por iso estarán presentes explicando o seu oficio e demostrarano de xeito práctico”. Unha palilleira de Camariñas, Aurora, estará presente, e será a encargada de explicar a versatilidade do encaixe nun produto tan especial como o mantel da nova colección de Sargadelos.
Segundo a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, “é un auténtico orgullo que o noso Encaixe teña cabida, porque é necesario potenciar a cultura e o arte propio. Creo que vamos polo bo camiño”, destaca a rexedora.