- No evento, deseñadoras participantes na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, como Erika Gómez e Blanca Gómara, amosan ao mundo o futuro sostible do mundo da moda.
Erika Gómez, de Twin and Chic, e que xa presentou os seus deseños con encaixe de Camariñas na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, participou na VII Semana da Moda de Donostia, en San Sebastian, que rematou este domingo
Nun dos eventos máis relevantes a nivel nacional, un dos proxectos de maior relevancia é, precisamente, o que está a acometer xente do mundo da moda como Erika Gómez, de Twin and Chic, ou Blanca Gómara, de B2Fabric.
A propia Blanca comentaba que “estámonos movendo cara unha dinámica claramente respectuosa co medio ambiente, xa que a industria téxtil é a responsable do 20% dos refugallos na auga a nivel mundial”.
Precisamente, a propia Blanca Gómara é unha das pioneiras no tratamento do algodón ecolóxico con encaixe de Camariñas, material que permite conservar toda a calidade da artesanía e, vencellado a iso, a non toxicidade.
Polo tanto, e xa o comprobamos na Mostra do Encaixe celebrada este ano, a tendencia é cara os produtos sostibles e dermosaudables, como no caso de Twin and Chic, xa que os seus deseños están pensados para os máis pequenos, e o coidado da súa pel é moi importante.