O encaixe de Camariñas vestirá as pezas de ‘Filomena’, a nova exposición de Rocío Utray

Cedida

  • O Museo do Encaixe acollerá este luns 19 xullo, ás 12:00 horas a inauguración da mostra

Coa arte podemos expresar un sentimiento, unha emoción, un lugar o unha vivencia. Este é o caso da artista Rocío Utray, que trae ao Museo do Encaixe de Camariñas a súa obra ‘Filomena’: unha exposición na que converteu en arte parte dos danos causados polo furacán que asolagou parte da península ibérica no mes de xaneiro.

O Museo do Encaixe acollerá este luns 19 xullo, ás 12:00 horas, a inauguración da mostra cuxas pezas, troncos que deixou a borrasca en Pozuelo de Alarcón (Madrid), vestirán o encaixe da vila de Camariñas.

A exposición poderá visitarse ata o 16 de agosto en horario de atención ao público, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Ao acto inaugural acudirán a alcaldesa, Sandra Ínsua; a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro; a edil de Igualdade, Begoña Tajes; e a propia comisaria da exposición.