O encoro de Beche foi o escenario da VI edición da feira ‘Primavera no Camiño Inglés’ 

1 minutes read

O encoro de Beche, no Concello de Abegondo, acolleu este sábado, 10 de xuño, a sexta edición da feira “Primavera no Camiño Inglés” para promocionar os diferentes atractivos dos municipios polos que transcorre o itinerario que finaliza na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña foron as encargadas de organizar este evento, que cada ano se traslada a un municipio diferente, e que contou coa presenza de representantes de cada un dos 18 concellos polos que discorre este itinerario xacobeo.

O acto de inauguración correu a cargo de Antonio Leira, deputado en funcións de Economía e Facenda, o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás,e José Antonio Santiso, alcalde en funcións do Concello de Abegondo. Asistiron tamén os alcaldes de Culleredo, Miño, Neda, Carral, Mesía, Oroso, Fene e Fisterra, entre outros. A Primavera no Camiño Inglés contou con postos de cada un dos concellos e actividades para todos os gustos e idades