O enterro da Mikaela desafiou ao mal tempo

0 minutes read

Multitudinaria e alegre marea humana a concentrada en Buño este sábado no enterro da Mikaela. Bares cheos, orquestra, disco-bus, discoteca móbil, enxeño e alegria desafiaron ao aviso de temporal, ao vento e á choiva e coroaron unha das edicións máis multitudinarias da xa máis que consolidada festa de despedida do Entroido, o enterro da Mikaela, que se celebra anualmente o sábado de piñata en Buño.

A festa prolongouse ata a madrugada.