O Enterro da Sardiña pechou o Entroido carballés

1 minutes read

Cita importante a do Martes de Entroido, este ano a festa comezou ás 17.00 horas na Praza do Concello coa música e a animación da charanga Santa Compaña para continuar ás 18.00 horas co baile de disfraces para maiores, amenizado polo Dúo Sintonía, no Pazo da Cultura, e organizado pola Concellaría de Terceira Idade.
.
Ás 18.30 horas, na Praza do Concello, houbo chocolatada, e ás 19:00 horas tivo lugar a saída do tradicional Enterro da Sardiña desde a Praza do Concello ata o Parque do Anllóns, onde unha comitiva encabezada pola Aula de Teatro Municipal, o grupo de teatro Vagalume Animación e a Cruz Vermella de Carballo despediron o Entroido.