40
Fin de festa en Malpica e tamén nas súas parroquias, a celebración do final do Entroido levounos ata o enterro do Faustino, o culpable de todos os males, que rematou o percorrido queimado. Estivo, en todo momento, acompañado polas súas viúvas. Asemade, na parroquia de Seaia os veciños asistiron o destino final do Farruco que tamén finalizou no lume. En Cerqueda os Madamitos e Ghuadineros voltaron ás rúas, onde tivemos a oportunidade escoitar e bailar ao son das pandereteiras. A historia do Entroido mantense viva en Malpica, para o ano máis e mellor.