O Entroido coruñés cóase nas festas de María Pita

0 minutes read

Desde este venres e até o domingo, as comparsas levarán ás rúas o seu espectáculo «Pasaporte Covid» cun claro obxectivo: renderlles unha emotiva homenaxe ás e os sanitarios e ás persoas que traballaron na primeira liña durante a crise sanitaria. A Asociación Lúdico Cultural Comparsa Pantaleón, Amigos da Xoldra, Comparsa Monte Alto a 100, Malandros Escola de Samba, Kilomberos de Monte Alto e Os Maracos serán as cinco comparsas que participarán nos distintos pasarúas.