- O percorrido desenvolverase durante a tarde deste sábado e a mañá do domingo
Cabana dá a benvida oficial ao Entroido esta fin de semana co seu particular ‘tren entroideiro’. O itinerario inclúe diferentes paradas por todas as parroquias e desenvolverase durante o sábado pola tarde e o domingo pola mañá. O obxectivo é que toda a veciñanza poida gozar do espectáculo que ten preparado a Escola Municipal de Teatro, que nesta ocasión se converterá na Charanga Infantil dos Cabezóns, ademais do grupo musical ‘Os Farrapos’.
Durante a primeira xornada o tren pasará pola igrexa de Cundíns (15:30 h.), A Pedra de Nantón (16:15 h.), a taberna da Mata en Riobó (16:50 h.), a igrexa de Corcoesto (17:25 h.), Silvarredonda (18:00 h.), a taberna de Beres (18:30 h.) e o campo da festa do Esto (18:50 h.) Ao día seguinte o percorrido pasará pola igrexa de Borneiro (10:35 h.), igrexa de Canduas (11:45 h.), a Praza de Neaño (12:15 h.), a igrexa de Cesullas (12:45 h.) e a taberna de Anos (13:30 h.).
Festa do Entroido
A programación de Entroido proseguirá o martes 1 de marzo no pavillón municipal, que acollerá desde as 17:00 horas unha sesión de inchables, obradoiros, música e actuacións entroideiras cargadas de diversión a cargo da compañía Catropés e a discoteca móbil Impacto e Begoña García.
A partir das 18:30 horas comezará a pasarela infantil de disfraces e a de comparsas. Haberá un concurso con premios en metálico cuxa inscrición estará aberta do 21 ao 28 de febreiro. Neste mesmo período será necesario inscribirse para asistir ao pavillón chamando ao 981 754 020.