O Concello de Zas acaba de deseñar un programa con actividades para que toda a familia saia ás rúas para desfrutar dunha das festas máis típicas. Pasarrúas, desfiles, obradoiros infantís, concurso de disfraces e filloas á pedra forman parte da completa programación artellada polo departamento de Cultura do Concello de Zas. O martes de entroido, 1 de marzo, celebrarase o tradicional concurso de disfraces no pavillón municipal de Zas. A festa comeza ás 16:00 horas cun espectáculo de cabaré infantil e co reparto de filloas á pedra. E xa as 19:00 horas comezará o concurso de disfraces no que se repartirán 1.750€ en premios distribuidos nas diferentes categorías.