Os pasados 27, 28 e 29 de decembro, 16 nadadores-as da A.D. Fogar tomaron parte en Lugo no Campionato Galego Absoluto de Inverno disputado na Piscina Minicipal de Frigsa; onde callaron unha máis que destacada actuación fronte aos 28 equipos participantes no torneo. No referente ás clasificacións por equipos foron, 10ª as femininas, 7º os masculinos e 9ªº conxuntos. Ademais nadaron 10 finais A e 10 finais B acadando 3 medallas, 23 mellores marcas persoais, 1 mellor marca galega e 15 récords do club. Desta volta as medallas foron para Martín López, ouro nos 100 braza e bronce nos 50 braza e para Anxo Fuentefría, ouro nos 200 braza. No que ás mellores marcas se refire, Anxo Fuentefría bateu a galega de 16 anos nos 200 braza, e as do club nos 50 (16 anos), 100 (16 anos), 200 braza (16 anos e absoluta) e 200 estilos (16 anos), Martín López as do club nos 50 e 100 braza (absolutas), Alba Lamas a do club nos 200 costas (14 anos e absoluta) e Manuel López a do club nos 50 costas (15 anos). Ademais melloráronse tamén os anteriores rexistros absolutos do club nas remudas femininas dos 4×100 libres e estilos e 4×200 libres, e nas remudas masculinas dos 4×50 libres e estilos.
13