O equipo de Alexéi Navalni anuncia o seu regreso a través de YouTube

1 minutes read

O seu equipo político anunciou a súa reactivación a través desta plataforma despois de máis dun ano. No medio das tensións na cidadanía rusa xeradas pola mobilización parcial, os partidarios do opositor ruso explicaron que o movemento se reactiva porque «chegou un momento no que gran parte dos cidadáns en Rusia atópanse ameazados». O propio Alexéi Navalni publicou a través das súas redes sociais a reactivación do seu equipo. Ademais de solicitar a axuda de artistas, avogados, hackers ou simplemente persoas dispostas a imprimir e repartir folletos, o comunicado volve pedir se liberación. Navalni foi encarcerado en xaneiro de 2021 cando regresou a Rusia desde Alemaña, onde recibiu tratamento médico por envelenamento co axente químico Novichok. Foi condenado a 11 anos de cárcere.