O equipo de servizos múltiples de Vimianzo iniciou este mes as tarefas de mantemento

Concello de Vimianzo_Google Maps

  • É a primeira vez que o equipo de traballadores comeza a funcionar tan pronto, e a promesa do goberno local é que se “manteña ata o final de 2021”

O Concello de Vimianzo comunicou que os equipos de servizos múltiples e albanelería comezaron este mes de febreiro a realizar tarefas de mantemento en todo o termo municipal, unha circunstancia “que non se dera con tanta prontitude nunca” e cuxa idea é que se manteña “ata o final deste ano 2021”.

O municipio de Vimianzo, cunha superficie de máis de 137 quilómetros cadrados, require dunha ampla adicación en materia de mantemento de infraestruturas e servizos, e para dar cobertura a estas necesidades “temos que contar con equipos para executar estas tarefas e dotalos dos medios necesarios para poder facelo dunha maneira óptima e cubrir todo o noso territorio”, comenta o edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, quen ademais destaca que “por primeira vez trataremos de contar con estes equipos practicamente once meses, algo que nunca se dera”.

Desde o goberno local tamén anuncian que existe a posibilidade de descargarse a aplicación Liña Verde, a través da cal os veciños poden enviar suxerencias para mellorar a localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha