O escritor coruñés Antonio Tizón presenta “Un home estraño”, a súa última novela policial


Premio Cidade Centenaria de Ribeira, na que mestura as convencións do xénero negro coa indagación social. Trátase da segunda entrega da serie, iniciada con ““A antesala luminosa“” e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, coa que pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.

Sinopse: Un inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar ao presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. 

Ambientada na Galicia pre-autonómica de 1980, “esta novela pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha triple indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura e a pescuda sobre a natureza do ser humano.

Ramón Tasende da Librería Brañas anunciando a presentación